Aquí verdes unha reforma de deseño interior para un pequeno baño, e cousas varias na vivenda, entre elas a reparación estructural dos piares de madeira do porche.
Vedes unhas vistas xerais, con iluminación low cost de Ikea.
As pezas de porcelana de Gala, prato de ducha enrasado co chan novo de porcelánico de Vives, cun deseño moi rompedor. Mobles de madira lacada con sobrencimeira de contrachapado de cerdeira feito por carpintería local, Bojuma Carpinteiros.
Estado anterior do aseo, a porta tamén estaba sen lacar en branco:
Por último outras partes da vivenda que cambian radicalmente cunha man de pintura, e arranxo estructural duns piares do porche que estaban empotrados no chan e xa apodreceran, separandoos do chan para maximizar a súa durabilidade. Toda a execución levada por Obradoiro Compostela.