A cociña de María

Reforma de cociña no baixocuberta do casco histórico da cidade de Pontevedra.

Un espazo complicado, pequeno e con pouco altura, ao que cun deseño axeitado se lle saca todo o partido posible.

Deseño previo:

Cambio de fiestra, de chan e illamento do falso teito. Alicatado e pintado, así como todo un mobiliario de cociña adaptado á medida. Encimeira de madeira maciza tratada con aceites naturais. Fregadeiro de porcelana. Maximizase o espazo de almacenaxe e o mesado de traballo. Unha triada de cores do azul no debuxo da baldosa, amarelo nas paredes e teito e verde escuro da pizzara armoniza o espazo. Cenefa alicatada tipo metro mate sen bisel. A calidez da madeira co lacado en branco dos mobles xenera un espazo acolledor e moderno. Fiestra de madeira con lasur branco.

E despois de todolos os traballiños, un gran cambio para un espazo tan pequecho! Gracias a María, Israel e Nuno por confiar en min, e a todas as empresas que interviron nesta reforma. Velaivai o estado anterior a intervención:

 

Deja un comentario